Samsung Galaxy Note 3 e Samsung Galaxy Gear: a parella perfecta

galaxy note 3 + gear

Esta semana que remata publicamos dúas análises, a Samsung Galaxy Note 3 e o Samsung Galaxy Gear. Fixémolas por separado porque ambos dispositivo son autónomos, aínda que o Gear só funcione vencellado a certos modelos de Samsung.

Porén, logo de estar probando ambos trebellos a un tempo, entendemos que funcionan moi ben en conxunto, xa que ambos son complementarios. Entendemos que a Galaxy Note 3 é un dispositivo orientado á produtividade, a xente que traballa en mobilidade e precisa estar sempre conectado. Neste senso, o Galaxy Gear mellora a experiencia de usuario, xa que permite determinar a urxencia do que temos pendente de revisar no smartphone, para non ter que andar sempre con el na man.

Que vos parece esta parella?

Sobre o autor

Reply