Liquid Z3 e Liquid E2, dúas propostas de Acer para democratizar os smartphones

Acer vén de anunciar a posta á venda de dous dispositivos cos que vén disposta a dar a batalla no rango de entrada dos smartphones: son o Liquid Z3 e o Liquid E2.

02_acer_liquid_z3_front-back-cover_black_white-557x600

O máis básico, o Liquid Z3, é un dispositivo orientado a un público inexperto (nenos e persoas maiores), polo que o fabricante centrou os seus esforzos en facer un terminal sinxelo de empregar. Para ilo, sobre Android 4.2 Jelly Bean integraron unha capa de personalización que permite escoller entre 4 modos de funcionamento:

  • Basic Mode: limita funcionalidades a chamadas e mensaxes.
  • Senior Mode: facilita o acceso a mensaxes, radio, tempo, reloxo e chamada rápida a contactos.
  • Clasic Mode: o modo habitual.
  • Keyboard Mode: orientado a usuarios que empregan o terminal con comandos de voz e precisan ter un teclado completo permanentemente activo.

No que ten a ver coas súas caraceterísticas técnicas, o Liquid Z3 incorpora un procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 4 GB de memoria interna, pantalla de 3,5 polgadas e cámara de 3 megapíxeles.

Está dispoñíbel en diferentes cores e con funda flip cover por 89 euros.

01_acer_liquid_e2_front-back-600x600

Pola súa banda, o Liquid E2 está máis orientado ao consumo de multimedia. Das súas características técnicas destacan a súa pantalla qHD de 4,5 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 8 e 2 megapíxeles e a súa batería de 2000 mAh.

Vén con Android 4.1 Jelly Bean e está á venda por 179 euros

Sobre o autor

Reply