Hai unhas semanas presentabámosvos o proxecto modular da empresa española imasD, grazas ao cal calquera persoa pode construír unha tablet ao seu gusto.
Como podedes ver no vídeo, a idea e que cadaquén seleccione os diferentes compoñentes que desexa incluír no seu dispositivo, unha selección que non ten que ser de por vida porque grazas á modularidade poden ser reemplazados se vemos que quedamos curtos (por exemplo, de memoria) ou se por calquera razón se estropean.
Aínda que até mediados do ano que vén non se poderán recibir, xa podemos entrar na súa web [ http://click-arm.com/ ] e construír (e reservar sen compromiso) a nosa tablet Click ARM.
Animaríadesvos a construír a vosa propia tablet ou preferides mercala xa feita?