Isto é galego! Aprende a nosa lingua da man de CuacFM

Pantallazo-2

Hoxe queremos amosarvos unha ferramenta moi interesante que chega da man da xente de CUAC FM  e que se chama Isto é galego!, unha aplicación que nos permite aprender galego dun xeito moi divertido e sinxelo.

Podemos dicir que é un curso de galego ao máis puro estilo podcast, xa que nada máis baixar a app da GooglePlay pídenos descargar o audio (recomendámosvos que usedes unha WiFI, pois pesa uns 200 MB). Feito isto, ao entrar na apliación vemos o seguinte:

screenshot-20131219-102609

screenshot-20131219-102626

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como nos amosan as capturas, o curso conta de 12 cápitulos máis un extra, e cada capítulo ten unha serie de leccións sobre as que só teremos que premer para comezar a escoitar e aprender. Por exemplo, do primeiro capítulo queremos destacar un par de puntos:

screenshot-20131219-102626

Na primera lección intentan aprendernos que temos que ter en coidado coas intrusións do castelán, e por exemplo falamos de limpar o polvo, cando deberiamos dicir limpar o po…  Todo ilo dun xeito moi didáctico (escoitade, e veredes porque o dicimos).

screenshot-20131219-102626 bNa terceira lección fan un repaso desde o comezos do noso pobo, desde o neolítico e chegando axiña á cultura castrexa. Este repaso está feito dun xeito moi divertido perfecto para os máis cativos da casa.

Queremos destacar o que pensamos que é un punto importante na aplicación que é que se comezamos a escoitar un capítulo pero non o rematamos, podemos continuar a escoita na lección onde o deixamos, sen ter que volver a escoitar todo o capítulo desde o comezo.

Esta ferramenta gustounos moito polo entretido que resulta a súa escoita, xa que está chea de exemplos cotiáns cos que aprender ou asentar conceptos que tiñamos un pouco esquecidos.

Podedes descargar a aplicación de xeito gratuito desde a Google Play.

About The Author

2 Comments

  1. Roberto 22 Decembro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 22 Decembro, 2013 Responder

Reply