Woxter reforza o seu catálogo de smartphones co Zielo Q25

Hai unas semanas falamos da intención deo fabricante Woxter de entrar a competir co mercado dos smartphones co Zielo Q30. Hoxe queremos falarvos de Zielo Q25, un novo dispositivo que chega para aumentar as posibilidades de elección dos usuarios.

woxter zielo q25

O Zielo Q25 conta cunha pantalla IPS QHD de 5 polgadas (960 x 540), procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 8 GB de memoria interna (ampliábeis con tarxetas microSD de até 64 GB) e 1 GB de RAM. No apartado multimedia, destaca a súa cámara princpial con sensor CMOS de 8 megapíxeles optimizada para sacar imaxes nocturnas. O sensor da cámara frontal é de 2 megapíxeles.

Vén con Android 4.2 Jelly Bean e ten dual SIM, polo que poderemos empregar dúas liñas no mesmo dispositivo. En canto a autonomía, dispón dunha batería de 2000 mAH.

Está á venda por 185 €, un prezo que inclúe un servizo postvenda Premium polo que se comprometen a ter solucionado calquera problema que poida xurdir co dispositivo nun prazo inferior a 48 horas.

Sobre o autor

Reply