Eye-Fi Mobi: actualiza a túa cámara de sempre con conexión inarámica

mobiwifi

Moita xente deixou abandonadas as súas cámaras de fotos polo simple feito de usar o móbil como sustituto, un aparello que, aínda que en moitos casos fan marabillas, non adoita estar á altura dunha boa réflex. Porén, os smartphones teñen a vantaxe do aquí e o agora: poder sacar unha foto, facerlle uns amaños e enviala a alguén por correo ou comparila nas redes sociais.

Eye-Fi Mobi xurde para recuperar as cámaras de fotos e ofrecer unha solución de conectividade. Trátase dunhas novidosas tarxetas de memoria SD que ademais de ter módulo de alamacenaxe dispoñen de chip WiFi que transfire inmediatamente (segundo son tomadas) as imaxes e vídeos ao noso smartphone ou tablet Android.

O modo de funcionamento é moi sinxelo: basta con que sustituamos a tarxeta SD da cámara por unha Eye-Fi Mobi e instalemos a aplicación no noso dispositivo móbil. Logo disto, introducindo un código de vencellamento teremos os nosos aparellos conectados.

Está a venda por 41,99 € (8 GB), 61,99 € (16 GB) e 81,99 € (32 GB). Para máis información pódese visitar a páxina http://es.eyefi.com

Sobre o autor

2 Comments

  1. eu 28 Decembro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 28 Decembro, 2013 Responder

Reply