Asus Miracast Dongle: Comparte o contido do teu smartphone ou tablet en calquera dispositivo HDMI

Asus Miracast Dongle

Asus vén de anunciar o lanzamento do Miracast Dongle, un pequeno accesorio que nos permite compartir contido multimedia do noso smartphone ou tablet con calquera trebello que dispoña de entrada HDMI de forma totalmente inarámica.

O seu deseño lembra a os típicos pendrives ou a outros trebellos como o Chromecast de Google , tendo visíbel unicamente o conector HDMI, polo que actualiza a práctica totalidade dos televisores que e venden hoxe en día.

Sincronízase co noso smartphone ou tablet creando unha conexión WiFi que soporta reprodución de vídeo en FullHD, aínda que as posibilidades van máis aló que o estritamente multimedia, xa que poderíamos compartir xogos, ou, en xeral, a pantalla. Todo ilo sen necesidade de configuracións e conexións.

Está dispoñíbel por 89,99€

Sobre o autor

Reply