Feirón, a aplicación que che premia por ir de compras no pequeno comercio galego

feiron

Nos tempos que corren, calquera aforro, por pequeno que sexa, é ben recibido. Pero se ademais coas nosas compras axudamos a incentivar o pequeno comercio local á vez que obtemos beneficios, mellor que mellor, non é?

Esa é precisamente a idea detrás de Feirón, unha ferramenta que premia a nosa fidelidade aos establecementos asociados ofrecéndonos descontos exclusivos e acceso a promocións e premios tan apetecíbeis como 500 € ou un soldo de 1000 € ao mes durante un ano. 

feiron maquina

O funcionamento é moi sinxelo: logo de rexistrarnos na plataforma (na web, na aplicación ou nos locais participantes de Feirón), teremos un código QR ou unha tarxeta física que nos permitirán facer checkin nos establecementos cada vez que fagamos algunha compra para beneficiarnos das vantaxes ou participar nas promocións.

2014-01-01-16-54-34

O máis cómodo é empregarmos a súa aplicación para Android, na cal teremos acceso ao noso perfil co QR persoal e o aceso á listaxe de establecementos que participan, ordeados por proximidade a onde nos atopamos. Entrando en cada un deles teremos máis detalles da promoción que aplican.

2014-01-01-16-55-31

A aplicación pouco máis ten: é tan sinxela como sinxelo é o proceso de empregar a plataforma en xeral. Se queredes máis información, podedes pasarvos pola páxina web de Feirón. A aplicación é gratuíta e pódese conseguir a través da Play Store.

Sobre o autor

One Response

  1. Feirón 2 Xaneiro, 2014 Responder

Reply