Filtradas as características da Galaxy Note Pro 12.2

galaxy-note-pro-12.2

Desde hai algún tempo Samsung presenta os seus dispositivos principias en eventos en solitario, deixando cousas máis obvias para as feiras tecnolóxicas. É o que podería pasar coa nova tablet Galaxy Note Pro 12.2, cuxas características foron xa filtradas e todo apunta a que sería presentada durante o Mobile World Congress de Barcelona.

Os diferentes modelos das Note non son tablets ao uso, senón dispositivos nos que Samsung se preocupou de introducir diferentes funcionalidades software que sacan partido ás posibilidades dunha gran pantalla, algo que por outra banda debera ser unha preocupación de calquera fabricante de tablets.

En canto ás súas características técnicas, a nova Note incorpora unha pantalla de 12,2 polgadas cunha resolución de 2560 x 1600, procesador Snapdragon 800 de 4 núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna e dobre cámara, de 8 e 2 megapíxeles. A súa batería é de 9500 mAh e sae con Android 4.4 KitKat.

Como é habitual, haberá dúas versións, unha con conectividade unicamente WiFi e outra WiFi+4G.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply