Samsung anuncia a Galaxy Camera 2, que verá a luz no CES

Galaxy-Camera_frontal

O experimento dunha cámara con Android levado a cabo por Samsung coa Galaxy Camera pareceu dar bo resultado, polo que veñen de anunciar o lanzamento da súa sucesora, a Galaxy Camera 2, unha nova versión que actualiza algunhas das súas características e estiliza o seu deseño para facela máis manexábel.

Galaxy-Camera-2_atras

Entre os aspectos que non cambian están os megapíxeles (16) e o zoom óptico (21x), aínda que a nova versión mellora considerabelmente o lente ao incluír un novo con apertura f/2.8-5.9 cunha ISO 3200. A batería tamén se ve incrementada até os 2000 mAh e a pantalla até as 4,8 polgadas.

Galaxy-Camera-2_arriba

Do resto de características sabemos que o seu procesador é de 1,6 polgadas, ten 2 GB de RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por micro SD, 50 GB na nube con Dropbox e NFC para facilitar a interconexión con outros trebellos.

A súa primeira aparición pública será a próxima semana no CES de Las Vegas, onde chegará con Android 4.3. Polo de agora descoñécese o seu PVP.

Sobre o autor

Reply