Acer presenta o seu novo smartphone Liquiz Z5

Acer Liquid Z5 - 1

Ademais das novas tablets Iconia e do seu novo all-in-one, Acer aproveitou o CES para presentar un novo smartphone de grandes dimensións, o Liquid Z5, cuxos puntos fortes son a súa pantalla de 5 polgadas e unha boa relación calidade – prezo.

Incorpora unha pantalla de 5 polgadas (relación 16:9), procesador de dobre núcleo a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A cámara é de 5 megapíxeles, con tecnoloxía BSI (recibe máis luz a través do sensor ca o habitual FSI); isto fai que se consigan mellores resultados en ambientes con pouca luz.

Acer Liquid Z5 - 2

En canto a deseño, o Liquid Z5 ten unha carcasa con curvas suaves e minimalistas, cun grosor máximo de 8,8 mm. Así mesmo, sitúa o altofalante na parte frontal para obter uns mellores resultados ao estar consumindo multimedia.

No que ten a ver con software, sairá á venda con Android Jelly Bean (4.2.2). Así mesmo, integra diversas funcionalidades software propias do fabricante que melloran a experiencia de usuario e permiten sacarlle máis partido ao terminal. Son as que xa coñeciamos do Liquid S1, polo que se queredes lembralas podedes pasarvos por este outro post no que as detallamos.

Estará dispoñíbel en 2 cores, branco e gris, a partir de febreiro por 179 €.

Sobre o autor

Reply