Asus presenta Transformer Boot Duet: tablet e portátil, Android e Windows

Asus xa nos tiña acostumados aos Transformer, dispositivos cos que de xeito doado podíamos pasar de ter un smartphone a unha tablet, pero hoxe foron un paso máis aló ao presentar a nova Transformer Boot Duet, tablet e portátil nun mesmo produto que ademais conta con dous sistemas operativos, Android e Windows 8.

transformer boot duet

Incorpora unha pantalla de 13,3 polgadas, 4 GB de memoria RAM e diversos modelos atendendo a resto de características técnicas, cun prezo de partida de 599 dólares. Entre as elexíbeis están:

  • Procesador: Intel Core i3, i5 ou i7
  • Almacenaxe da tablet: 64 ou 128 GB
  • Almacenaxe do dock / teclado: 320 / 500 / 550 / 1000 GB
  • Calidade da pantalla: 1920 x 1080 / 1366 x 768

A verdade é que nos pareceu un dispositivo moi interesante para persoas que andan desprazándose dun lado a outro, pois pesa tan só 1,9 kg e ofrece gran versatilidade ao poder empregar os dous sistemas operativos nun mesmo produto (e pasar dun a outro en tan só 4 segundos).

Polo de agora non temos información de cando estará dispoñíbel no noso país.

Sobre o autor

Reply