Asus presenta a liña de smartphones Zenfone e o PadFone Mini

zenfone 6 - 199

Conscientes da importancia do prezo baixo nun mercado cada vez máis competitivo, Asus vén de presentar a nova liña de smartphones, Zenfone, coa que pretenden ofrecer tres novas alternativas moi orientadas a un público novo ou que non quere gastar demasiado por ter un smartphone decente. Resumímosvos as principais características técnicas dos mesmos:

Zenfone 4

  • Pantalla 4 polgadas (800 x 480)
  • Procesador dual core a 1,2 GHz
  • 1 GB de RAM
  • 4 GB de memoria interna + microSD
  • Cámaras 5 MP / VGA
  • Batería 1170 mAh

Zenfone 5

  • Pantalla 5 polgadas (1280 x 720)
  • Procesador dual core a 2,0 GHz
  • 1 GB de RAM
  • 4 GB de memoria interna + microSD
  • Cámaras de 8 MP / 2 MP
  • Batería 2050 mAH

Zenfone 6

  • Pantalla 6 polgadas (1280 x 720)
  • Procesador dual core a 2,0 GHz
  • 2 GB de RAM
  • 8 / 16 GB de memoria interna + microSD
  • Cámaras de 13 MP / 2 MP
  • Batería 3230 mAH

Doutra banda, tamén presentaron o PadFone Mini, un dispositvo convertíbel smartphone – tablet como os Transformer que xa temos visto nos últimos anos, no que se introduce o teléfono na tablet, facendo de motor.

padfone mini

Das súas características técnicas destacamos o procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis, cámaras de 8 e 2 megapíxeles e pantallas de 4 ou 7 polgadas dependendo de se usamos o trebello como smartphone ou como tablet. A batería do teléfono é de 1170 mAh e a da base 2100 mAh, polo que xuntas dan un total de 3270 mAh.

Os 4 dispostivos veñen con Android 4.3 de fábrica, aínda que serán actualizábeis nas próximas semanas a KitKat. En canto a prezos, os Zenfone custarán 99, 149 e 199 dólares e o PadFone Mini 249.

Sobre o autor

No Responses

Reply