Huawei presenta a súa nova phablet Ascend Mate 2

Seguindo coas presentacións do CES, Huawei vén de anunciar a súa nova phablet Ascend Mate 2, un dispositivo cunha gran pantalla IPS de 6,1 polgadas, 720p e protección Gorilla Glass.

huawei ascend mate 2

O novo dispositivo do fabricante coreano conta cun procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB), conectividade 4G e cámaras de 13 e 5 megapíxeles con diversas funcionalidades adicionais como panorama selfie, coa que se poden facer autofotos panorámicas.

A súa batería, de 4050 mAh, promete 2 días de uso intenso, aínda que a principal novidade desta é que integra reverse charging, unha tecnoloxía coa que poderemos cargar outros dispositivos aproveitando a batería do Mate, o como se fose unha pila portátil.

reverse charging

A nível de software, sae con Android 4.3 Jelly Bean e a interface do fabricante Emotion IU 2.0, que dispón de utilidades pensadas para facilitar o uso do trebello cunha soa man, algo parecido ao que vimos no Galaxy Note 3 de Samsung.

Polo de agora non temos información sobre a súa dispoñibilidade ou PVP.

Sobre o autor

Reply