Google crea Open Automotive Alliance, unha gran alianza para levar Android aos automóbiles

android coche

Os ordenadores de abordo que integran a meirande parte dos automóbiles hoxe en día darán moito máis xogo grazas á nova gran alianza que Google vén de anunciar xunto a diversos fabricantes de vehículos, a Open Automotive Alliance (OAA).

Aínda que somos moitas e moitos os que empregamos smartphones e pequenas tablets á hora de conducir, a experiencia non é tan satisfactoria como se estas ferramentas estivesen integradas no propio vehículo e nos ofrecesen unha solución optimizada para a estrada. Con este gran acordo que se vén de asinar preténdese trasladar o ecosistema Android ao interior dos automóbiles, de tal xeito que existan unhas liñas comúns de cara a ter un estándar que facilite as tarefas de desenvolvemento de aplicacións e solucións útiles para a condución.

Até o momento forman parte da OAA Audi, General Motors (Chevrolet), Google, Honda, Hyundai e Nvida, aínda que fican abertos a novas incorporacións. Para ver os primieros vehículos que xurdan desta alianza teremos que agardar a finais de ano. A espera vaise facer longa!

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply