Samsung presenta a Galaxy Note Pro 12.2 e as novas Galaxy Tab Pro de 8.4, 10.1 e 12.2 polgadas

Samsung comeza o 2014 presentando no CES de Las Vegas unha nova versión da Note coa que acada as 12.2 polgadas, a Galaxy Note Pro 12.2, ademais dunha nova liña de produto a medio camiño entre as Tab estándar e as Note:  a Galaxy Tab Pro con modelos de 8,4, 10.1 e 12.2 polgadas.

Galaxy Note Pro 12.2

Malia que todo parecía indicar que o Mobile World Congress de Barcelona sería o escenario escollido por Samsung para presentar a nova Galaxy Note Pro 12.2, finalmente foi o CES o evento no que se deu a coñecer. As súas características apenas sufren cambios sobre o que xa fora filtrado e tiñamos publicado, que pasamos a reproducir como recordatorio:

  • Pantalla de 12,2 polgadas (2560 x 1600 píxeles)
  • Procesador SnapDragon 800, 4 núcelos a 2,3 GHz
  • 3 GB memoria RAM
  • 32 / 64 GB memoria interna
  • Cámaras de 8 e 2 megapíxeles
  • Batería de 9500 mAh
  • S-Pen

Galaxy Tab Pro 8.4, 10.1 e 12.2

Galaxy Tab Pro 8.4

Pasando a falar das novas Galaxy Tab Pro, a máis pequena delas conta cunha pantalla de 8,4 polgadas, procesador de 4 núcelos a 2,3 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 ou 32 GB de memoria interna, cámaras de 8 e 2 megapíxeles e unha batería de 4800 mAh.

Galaxy Tab Pro 10.1

Pola súa banda,  Galaxy Tab Pro 10.1, comparte as característidas da Galaxy Pro 8.4 pero con maior pantalla e batería, de 10.1 polgadas e 8222 mAh respectivamente. Finalmente, a máis grande, a Galaxy Tab Pro 12.2, é tal cual unha Galaxy Note Pro 12.2 sen o S-Pen (nin tampouco as ferramentas software vencelladas á liña Note).

Galaxy Tab Pro 12.2

Os catro dispositivo presentados hoxe por Samsung veñen con Android 4.4 Kitkat desde o momento do lanzamento; comparten tamén os acabados en coiro simulado que estamos a ver nos últimos terminais presentados pola compañía coreana.

Sobre o autor

Reply