LG presenta a segunda xeración da súa impresora de fotos portátil

LG Pocket Photo 2.0

O ano pasado LG presentou a súa primeira impresora de fotos portátil, un pequeno accesorio (cabe nun peto) co que poder imprimir as fotos que enviemos desde o noso smartphone. Aproveitando a súa presenza no CES que se está a celebrar en Las Vegas, o fabricante coreano presentou a segunda xeración desta impresora, a Pocket Photo 2.0, que permite imprimir imaxes de tamaño 5,1 x 7,6 cm.

Ao igual que no modelo anterior, dispón de conectividade NFC e Bluetooth, así como tamén batería interna que fará que non precise conexión a nada para funcionar. As melloras que integra son principalmente de deseño, sendo 4 mm máis delgada pero incluíndo un maior número de impresións por carga. Ademais, a calidade é agora de 311 ppp e desde a renovada aplicación pódense editar as imaxes e incorporarlles filtros.

Estará á venda en 3 cores, rosa, amerelo lima e branco perla.

Sobre o autor

Reply