O Moto G comeza a actualizarse a Android 4.4.2 no noso país

Moto G 2Tal e como estaba previsto, os Moto G comezaron  a recibir a actualización de software a Android 4.4.2 KitKat vía OTA no noso país hai unhas horas, tras a liberación do arquivo en Estados Unidos semanas atrás.

O arquivo de actualización, que pesa arredor de 185 MB (recomendámosvos que o descarguedes a través dunha WiFi), achega aos Moto G novas melloras na aplicación de teléfono, soporte para periféricos e Hangouts como aplicación de xestión das mensaxes sms e mms predeterminada.

O Moto G foi un dos terminais Android máis vendidos da campaña de Nadal, xa que conta cunha moi boa relación calidade – prezo, ademais de que depender directamente de Google garante máis seriedade nas actualizacións. Foi o primeiro dispositivo que se comercializou en Europa tras o regreso de Motorola, aínda que hai convocado un evendo de prensa o vindeiro martes no que se especula que poderían anunciar a posta á venda do Moto X neste lado do Atlántico.

 

Sobre o autor

One Response

  1. Edu 15 Xaneiro, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Edu Cancelar a resposta