Google merca Nest para implementar solucións no fogar

nest

Logo de mercar Bitspin o pasado 4 de xaneiro, Google acaba de facerse con Nest, unha empresa fundada por Tony Fadell – vencellado á creación do iPod de Apple – adiacada ao desenvolvemento de tecnoloxías intelixentes para o fogar. A operación custoulle a Google 3200 millóns de dólares e, segundo din, seguirá traballando por separado e baixo as ordes do mesmo CEO, Fadell.

Este movemento levado a cabo pola Gran G ten como obxectivo introducirse máis no campo da domótica, un dos eidos nos que Google está dando os seus primeiros pasiños e que será, xunto á robótica, eixo fundamental do seu traballo nos próximos meses.

Entre os produtos máis destacados de Nest está un termostato intelixente que consigue reducir notabelmente o consumo de enerxía no fogar. Se queredes coñecer máis a fondo esta empresa podedes botarlle un ollo á súa páxina web.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply