Ponse á venda o Moto G Google Play Edition, aínda que non no noso país

moto g google edition

Sen previo aviso, Google vén de anunciar a posta á venda do Moto G Google Edition, unha distinción que o fabricante está a aplicar aos dispositivos non-Nexus que integran Android completamente limpo, sen personificacións do fabricante, e cuxo proceso de actualización depende da propia Google.

O caso do lanzamento dunha versión Google Edition do Moto G sorprende porque a versión normal deste dispositivo ten Android practicamente limpo e as súas actualizacións do sistema operativo xa dependían directamente de Google.

moto g play store

As características técnicas deste novo dispositivo son as mesmas que a versión estándar e pasan por unha pantalla de 4,5 polgadas (con Gorilla Glass) e resolución 720p, procesador de catro núcleos Snapdragon S4 Pro a 1,2 GHz e 1 GB de RAM. Conta con 8 ou 16 GB de almacenamento interno sen posiblidade de ampliación mediante tarxeta Micro-SD, cámara principal de 5 MP e interior de 1,3 MP. A batería é de 2070 mAh.

O seu prezo está fixado en 179 dólares (8 GB) e 199 dólares (16 GB), aínda que non está dispoñíbel na nosa Play Store. Chegará a estalo nalgún momento ou pasará como co resto de dispositivos Google Edition?

Máis info

Sobre o autor

Reply