Sony presenta o Xperia E1 e o Xperia T2 Ultra

SCR14_Xperia_T2_Ultra

Malia estar recente o CES de Las Vegas, no que Sony presentou o seu novo Xperia Z1 Compacto fabricante xaponés acaba de dar a coñecer dous novos dispositivos da súa gama Android, o Xperia E1 e o Xperia T2 Ultra.

1_Xperia_E1_Blanco_Frontal

O Xperia E1 é un novo smartphone de gama media que ten como principal aspecto diferenciador un altofalante de 100 dB co que consigue unha calidade de son superior e que non se verá afectada polo ruído ambiente. O seu deseño segue a liña do fabricante de facer terminais compactos con acabado Premium en calquera gama. Resumimos as principais características:

  • Pantalla WVGA de 4 polgadas (800 x 480)
  • Procesador dual core a 1,2 GHz
  • 512 MB de RAM
  • 4 GB de almacenaxe interno (ampliábeis)
  • Versión simple ou dualSIM
  • Batería de 1700 mAh

01_Xperia_T2_Ultra_Colores

Doutra banda, o Xperia T2 Ultra está pensado para aquelas persoas que queren ou precisan unha pantalla grande, xa que integra un panel de 6 polgadas. Iso si, conseguiron reducir o espazo morto do teléfono que non é pantalla para que caiba nunha man

  • Pantalla HD de 6 polgadas (720p)
  • Procesador de catro núcelos a 1,4 GHz
  • 1 GB de RAM
  • 8 GB de memoria interna (ampliábeis)
  • Cámara principal de 13 megapíxeles, frontal de 1.1
  • Versión simple ou dualSIM
  • Batería de 3000 mAh

Ambos dispositivos estarán dispoñíbeis proximamente, aínda que non se especificaron datas nin prezos. Poderanse mercar en branco, negro ou morado.

About The Author

Reply