Accede a novas de actualidade e xestiona a túa conta de Vodafone con MyXone

Pantallazo

Hoxe queremos presentarvos Myxone, unha aplicación que chega firmada por Vodafone e que ten un par de usos ben diferenciados: estar informados das novas máis recentes e xestionar algúns dos servizos da compañía.

screenshot-20140107-093317

Máis polo miúdo, vemos que a aplicación conta cun menú despregable na parte dereita do que nos gustaría destacar as dúas primeiras opcións: Home e Vodafone.

Home.

screenshot-20140107-093850

Entrando neste apartado temos acceso a unha morea de novas de actualidade de moitos temas diferentes como poden ser coches, Android, novas de xornais,… entre outras. O seu uso é moi sinxelo, so temos que premer na categoría que máis nos gusta para acceder a un índice de todas as novas relacionacionadas con esa categoría.

screenshot-20140107-093842screenshot-20140107-093617

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un punto que nos gustou moito foi que a aplicación aprende con nós, e dicir, a medida que a imos usando dase conta de cales son os temas que máis nos interesan e así vai centrando nestes temas a primeiras novas que nos amosa ao acceder a este menú e deixando para máis abaixo o resto de temas.

Vodafone.

screenshot-20140107-105444

Nestre outro apartado podemos xestionas algúns temas relacionados directamente con Vodafone. Dun xeito moi sinxelo podes facer unha recarga, acceder a Mi Vodafone, mercar unha canción ou mesmo dar de alta de xeito gratuíto unha SIM de Vodafone Yu.

screenshot-20140107-093448screenshot-20140107-093159

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concluíndo, dicir que esta aplicación gustounos moito porque nos permite acceder de forma sinxela ás novas de máis actualidade e, no caso de ser cliente de Vodafone, tamén á conta persoal de MiVodafone oou a servizos como de recarga de teléfonos de cartón prepago.

Myxone está dispoñíbel para a súa descarga gratuíta na Play Store.

Sobre o autor

No Responses

Reply