O CEO de Motorola confirma que lanzarán un smartphone de 50 dólares

Nuevo-logo-motorola

O regreso de Motorola ao mercado logo de ser adquirada por Google amosou que os grandes fabricantes poden reducir as súas marxes de beneficios achegando trebellos máis económicos, como o Moto G e o Moto X.

Porén, para o CEO de Motorola isto aínda non é suficiente, xa que, nas súas palabras, aínda queda moita xente que non é capaz de facerse cun smartphone. Por iso están a traballar para poñer no mercado un terminal por 50 dólares (uns 36 euros), aínda que non se mollou en adiantar que especificacións terá nin se vai ter unha distribución global ou se estará destinado a mercados emerxentes.

En calquera caso, é un importante movemento para democratizar os smartphones, unha ferramenta máis para o avance dunha sociedade.

Vía

 

Sobre o autor

No Responses

Reply