Samsung presentaría os seus lentes intelixentes na IFA 2014

 

samsung spectaclesEn outubro do ano pasado fixémonos eco dunha pantente de Samsung que facía referencia a uns lentes intelixentes, co nome en clave de Spectacles, aínda que a falta de saber o seu nome definitivo, hai quen xa as chama Galaxy Glass.

Logo duns meses sen ter máis novas deles, o diario Korea Times vén de publicar un artigo no que afirma que Samsung estaría traballando para presentar estes lentes intelixentes na edición 2014 da IFA de Berlín. Aínda que falta moito tempo, cremos que este xornal podería estar no certo, pois a inmediata posta á venda das Google Glass vai acelerar os tempos da competencia

Sobre o autor

Reply