Android 4.4.2 chega oficialmente ao HTC One

KTK

KitKat xa é unha realidade no HTC One; a compañía puxo en marcha a actualización vía OTA para os dispositivos desbloqueados e de algunhas operadoras. De feito, fai uns meses HTC xa tiña avisado de que a actualización deste terminal chegaría sobre estas datas.

A actualización trae as principais novidades de Android 4.4.2, tales como unha maior seguridade, a eliminación da capacidade de reproducir contidos Flash de forma nativa, ademais da posibilidade de impresión sen fíos ou o aumento de compatibilidade con dispositivos Bluetooth, entre outras cousas que nos ofrece esta versión. Iso si, segue conservando a interface Sense na versión 5.5.

Se es dono dun HTC One, queda atento xa que a actualización pode chegar ao teu dispositivo en calquera momento.

Sobre o autor

Reply