Flappy Bird, un sinxelo xogo de habilidade

screenshot-20140203-142416

Esta semana achegámosvos un novo xogo moi sinxelo pero ideal para eses tempos mortos que todos temos. Chámase Flappy Bird e está a dar moito que falar estes días.

No xogo somos un simpático paxaro que ten que tentar pasar polo medio de tubarías, mais sen tocar nelas, xa que se o facemos morremos e temos que volver ao principio. Como non pode ser doutro xeito, estas tubarías lémbranos as que estaban presentes durante os míticos xogos “Super Mario Bros.

Pantallazo

O único que temos que facer para manexar o paxaro é dar toques na pantalla do noso terminal. Cantos máis toques demos seguidos, máis alto voa e se deixamos de pulsar a pantalla o paxaro cae ao chan e morre… e nós non queremos iso, non si?

screenshot-20140203-142429

Flappy Bird ten catro niveis e a medida que os pasamos recibimos medallas que van desde o bronce até a de platino. O xogo é tan sinxelo que nin ten opcións de configuración. O único que se nos permite e loguearnos coa conta de Google+ para compartir puntaxes ou interactuar con outros xogadores todo a través da rede social.

Encaixa Flappy Bird nos vosos gustos?

Nome da aplicación: Flappy Bird
Prezo: Gratuita
Requerimentos: 2.2 e superiores
Descarga: Google Play

Sobre o autor

2 Comments

  1. Iván Sixto 4 Febreiro, 2014 Responder
  2. Iván Sixto 4 Febreiro, 2014 Responder

Reply