Oficial: Samsung presentará o Galaxy S5 en Barcelona

convite samsung unpackedSamsung volve forte ao Mobile World Congress. Desde o 2011, no que presentara o Galaxy S II, Samsung non volveu facer grandes eventos durante o MWC, preferindo presentar o seu dispositivo estrela, a liña Galaxy S, en solitario.

Porén, as primeiras rumoroloxías que apuntaban a que veríamos o Galaxy S5 na capital catalana véñense de confirmar tras recibirmos o convite oficial para o Unpacked 5, un evento que terá lugar o luns 24 de febreiro ás 20h. O sobrio convite non deixa ver ningunha característica ou esbozo do terminal, pero semella que o que publicamos neste outro post ten bastante sentido.

En calquera caso, seguramente vaian aparecendo os habituais vídeos teaser que nos farán a espera máis levadeira. Tan só quedan 20 días.

 

Sobre o autor

No Responses

Reply