Sony anuncia a fin das actualizacións para parte da gama Xperia

sonyA ninguén lle gusta ver o seu dispositivo nunha listaxe de terminais que quedan sen soporte software, é dicir, que non van recibir máis actualizacións de xeito oficial. Porén, tamén temos que considerar positivo que esta información sexa publicada para non causar falsas espectativas de posíbeis actualizacións nun futuro indeterminado.

Sony vén de anunciar que os seguintes dispositivos non van recibir máis actualizacións de software oficialmente, polo que non chegarán a probar o doce KitKat, quedando todos eles nalgunha versión de Jelly Bean. Son estes:

  • Xperia arc S
  • Xperia S
  • Xperia SL
  • Xperia ion
  • Xperia acro S
  • Xperia go
  • Xperia P
  • Xperia J
  • Xperia miro
  • Xperia sola
  • Xperia tipo
  • Xperia U

Aínda que moitas veces as variacións entre versións do sistema operativo son mínimas, a todo o mundo lle gusta ter o seu terminal actualizado coa versión máis recente. Por iso, malia o anuncio de Sony, non é a fin para estes trebellos, abríndose a porta a que os usuarios proben algunha das moitas ROMs que se poden atopar na rede e que farán que estén á última.

Vía

 

Sobre o autor

Reply