Samsung deixa ver a interface que estreará o Galaxy S5

s5 unpackedDesde que se confirmou a data do Unpacked no que Samsung presentará o Galaxy S5, o seu novo buque insignia, as especulacións sobre as súas especificacións hardware e software multiplicáronse. Non é para menos, pois este evento de Samsung supón o regreso das grandes citas ao MWC.

O que se vén de confirmar a través dunha imaxe oficial de Samsung é que TouchWiz, a interface que integra o fabricante coreano, recibirá un importante lavado de cara e novas funcionalidades. Como podedes ver na captura superior, os botóns de Speed, Outdoor, Curiosity, Fun, Social, Style, Privacy, Fitness and Life fannos pensar que centrarán os seus esforzos en ferramentas para controlar  a actividade física (quizais pensando en wearables ou gadgets compatíbeis?) e a social.

Sumado a isto, unha filtración amosa que a barra de notificacións estará en branco, o que implica que Samsung podería non ser excesivamente invasiva na modificación de Android como tal.

novo touchwiz

 

Sobre o autor

Reply