Primeiros pasos para termos o Telegram en galego grazas á comunidade

telegram

Nas últimas semanas estase a falar moito de Telegram, unha nova aplicación de comunicación que pretende sacarlle o posto a WhatsApp no terreo da mensaxería instantánea. Entre as súas vantaxes están a seguridade, até o de agora non quebrantada, e o desenvolvemento baseado en software libre.

Grazas á isto último e ao traballo da comunidade xa é posíbel disfrutarmos do Telegram en galego. Dunha banda o Proxecto Trasno diversos usuarios realizaron a tradución do código fonte da aplicación para Android (que se pode conseguir nesta ligazón) e por outra Pablo Belay fixo o propio para a versión web, que xa se pode probar nos servidores de Chuza.

Con este novo fito seguimos aumentando os espazos para a nosa lingua nos nosos trebellos Android, do mesmo xeito que precisamos conseguirmos ter o sistema operativo base Android en Galego para completar o proceso normalizador da mesma.

Sobre o autor

7 Comments

  1. Martiño Doallo 11 Febreiro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 11 Febreiro, 2014 Responder
  2. Martiño Doallo 12 Febreiro, 2014 Responder
  3. Señor Paquito 9 Xullo, 2015 Responder
  4. Señor Paquito 9 Xullo, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 11 Xullo, 2015 Responder
  5. Señor Paquito 13 Xullo, 2015 Responder

Reply