Facebook merca WhatsApp por 16000 millóns de dólares

Facebook-Logo

En medio de todo o movemento que está a haber nas aplicacións de mensaxería instantánea, con certo número de usuarios movéndose de WhatsApp a Telegram, Facebook vén de anunciar que merca WhatsApp por 16.000 millóns de dólares, repartidos en efectivo e accións.

O acordo tamén contempla movementos de persoal, o máis destacábel que Jan Koum, CEO da compañía, pasa a formar parte da xunta directiva de Facebook.

Será a fin de WhatsApp? Mudará Facebook o concepto da aplicación? Serán respostas que terán que ir xurdindo os próximos días. Casualmente, o vindeiro luns Mark Zuckerberg dará unha keynote no Mobile World Congress, polo que pode ser un bo momento para aclarar estas cuestións

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Iván Sixto 20 Febreiro, 2014 Responder

Reply