SPC estréase coas tablets 3G coa Glow 10.1

glow10W-3G-F

O fabricante SPC, coñecido polo seu hardware cun prezo axustado, vén de presentar a súa primeira tablet 3G, a Glow 10.1, que amplía as posibilidades ao permitir a conexión en calquera lugar, ademais de dispór da aplicación teléfono.

Á súa pantalla, un panel IPS de 10.1 polgadas con resolución 1280 x 800 e protección antirabuñadas, súmase un procesador de catro núcleos A7 a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. As súas cámaras son de 5 e 2 megapíxeles, a principal con flash LED e autoenfoque. A batería é de 6500 mAh.

Outros puntos fortes desta tablet con Android 4.2.2 Jelly Bean é a inclusión da tecnoloxía Miracast e a función USB-OTG para conexión e transferencia de arquivos desde outros aparellos.

A SPC Glow 10.1 3G xa se pode mercar pos 249 €.

Sobre o autor

Reply