Consulta as portadas dos xornais con Smart Covers, a nova aplicación de Smart GalApps

2014-02-19-22-20-41

A galega Smart GalApps vén de lanzar un novo proxecto en forma de aplicación, que se suma a outras ferramentas exitosas anteriores das que xa temos falado no blog, como Imos? ou Smart Weather. Trátase de Smart Covers, unha aplicación que nos permite consultar as portadas dun gran número de xornais de todo o mundo desde os nosos dispositivos.

A aplicación clasifica os xornais en diferentes categorías (xeral, deportes e economía), ademais de por países. Dispón tamén dun “modo proximidade” no que nos amosa as portadas dos xornais que se editan máis próximos a onde nos atopemos, e moi vencellado a isto un mapa no que se sitúan os lugares de publicación dos diferentes medios.

2014-02-19-22-21-40

No apartado “Mis favoritos” podemos gardar aqueles xornais que consultemos habitualmente, a modo de listaxe persoal, para telos máis accesíbeis e aforrar tempo na busca. Así mesmo, en dous pasos poderemos descargar a imaxe (jpg) para conservala ou compartila a través de redes sociais ou calquera aplicación que permita enviar contido.

Smart Covers ten un coidado deseño que fai que a aplicación sexa moi atractiva, adaptándose perfectamente a smartphones e tablets de todos os tamaños. Estará dispoñíbel para descargar o vindeiro martes 25 de febreiro na Play Store.

ACTUALIZACIÓN: Xa tedes na Play Store a aplicación lista para a descarga.

2 Comentarios

  1. Martiño Doallo 21 Febreiro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 21 Febreiro, 2014 Responder

Deixa un Comentario