Fonepad 7 LTE, a nova tablet de ASUS

Acabades ver o anuncio feito por ASUS para promocionar a súa nova tableta, a Fonepad 7 LTE, presentada esta mesma mañá no MWC. Este novo dispositivo compatíbel coas redes 4G-LTE permite ademais  facer chamadas como se fora un smatphone grande. Alén de pola súa conectividade, o novo trebello de Asus destaca pola pantalla HD IPS da que agardamos bos resultados e a tecnoloxía SonicMaster que proporciona unha moi boa experiencia de son.

FonePad 7 (ME372)_ White

O resto de características son as seguintes:

Fonepad 7 LTE
Polgadas/Resolución 7/1280×800
Procesador Intel® Atom™ Z2560 de 1.6GHz (dual-core)
RAM 1 GB
ROM 8, 16, 32 GB
Versión de Android Jelly Beam, 4.2 (actualizábel)
Camara 5 / 2 MP. A principal con gravación HD
Dispoñibilidade/Prezo Non dispoñíbel

Xa que nos permite facer chamadas,  considerades interesente este producto agora que cada vez temos máis phablets no mercado?

Sobre o autor

Reply