BackBeat FIT, os novos auriculares de Plantronics

Como ben sabedes, estes días estamos no Mobile World Congress e atopámonos cunha importante oferta tanto de wereables como aplicacións orientados aos amantes do deporte. Un exemplo do que podemos ver estes días con estes interesantes auriculares da marca Plantronics, os BackBeat FIT

BackBeat FIT

Son uns auriculares que contan cun codiado deseño e unha boa calidade de audio que se conectan mediante Bluetooth 3.o aos diferentes dispositivos, sendo capaz de memorizar até 8 diferentes. Ademáis como están pensados para facer deporte, teñen un deseño resistente e soportan ben a humidade procedente do noso corpo ou das inclemencias meteorolóxicas. Tamén nos aseguran que resultan moi cómodo nas situacións máis exixentes cando o nivel de actividade é elevado.

backbeat_fit_male_running_outdoors_20DEC13

O estuche no que gardamos os auriculares está pensado para funcionar como brazalete no que podemos colocar o smartphone ao que conectaremos os auriculares de tal xeito que non temos que facer unha compra extra.

backbeat-fit-green_case

Pero xa centrándonos no produto en si, un punto a ter en conta é a capacidade da batería; desde Plantronics aseguran que soporta até 8 horas de reproducción continua. Ademáis os BackBeat FIT teñen un modo de hibernación que nos permite ter os auriculares cargados e preparados para o seu uso durante un periodo de até 8 meses. Unha característica extra que lle aporta valor a este gadget é a posibilidade de usalos como mans libres, polo que mediante o micrófono que teñen integrado podemos responder chamadas sen precisar tocar o smartphone.

Podemos atopar os BackBeat FIT en dúas cores: lima e azul eléctrico, o seu prezo será de 129€ e estará dispoñíbel a partir do mes de abril.

Sobre o autor

Reply