LG G2 Mini, a versión reducida do dispositivo de referencia de LG

20140225_123219

Samsung foi a primeira compañía en lanzar versións “mini” dos seus smartphones de referencia, teléfonos que gardan similitude co buque insignia de turno pero que sufren un recurte de tamaño e prestacións. No caso de LG, a moda do “mini” chega inspirado no G2, un dispositivo que xa probamos no blog con moi bos resultados.

Porén, a diferenza do que acontece co Sony Xperia Z1 Compact, o recurte de tamaño do LG G2 Mini tamén é de prestacións, aínda que sigue estando no que poderíamos considerar unha gama media – alta. Incorpora unha pantalla de 4,7 polgadas (resolución 960 x 540), procesador Snapdragon 400, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de almacenamento  interno, ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 8 e 1,3 megapíxeles e a batería de 2440 mAh. Vén de fábrica con Android 4.4 Kitkat, sobre a que o fabricante puxo a súa interface Optimus.

20140225_123459

Como podedes ver na imaxe superior, o seu deseño é moi semellante ao do G2, incluíndo a presenza dos botóns de acendido / apagado e control de volume na parte traseira, marca diferencial da compañía en toda a súa gama alta, aínda que non inclúe LED arredor do mesmo.

Estará dispoñíbel en abril por uns 300 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply