A Google Play ofrece importantes descontos polo seu cumpreanos

play store cumpreanos

Google Play está de celebración.  A tenda de aplicacións, libros, música e películas de Google cumpríu onte dous anos polo que o está a celebrar con interesantes descontos.

Os descontos que nos atopamos son variados; dende películas como After Earth ou Resacón 3 por 4.99€, 300 ou Fast 5 por 1.99€. Pasando por unha selección de libros entre 1 e 10€. Ate grandes descontos en xogos, como o Deus Ex: The Fall de Square Etnix por 0.99€ en lugar dos habituais 5.99€, o Wreck-it Ralph a  0.75€, a metade do seu prezo, ou o Amazing Spiderman o cal pódemolo encontrar a 0.10€ en vez dos habituais 6.99€.

Tamén nos encontramos con ofertas en pagos in-app, como o Ice Age Village ou o Asphalt 8:Airbone, ou contenido exclusivo para algúns xogos coma para o FIFA 14.

Ademáis das ofertas en películas, libros e xogos tamén atopamos en promoción un albúm músical por día a 1,99€, como por exemplo hoxe, o lp de One Republic, Native

Estas ofertas teñen tempo limitado, polo que se estades interesados haberá que darse presa.

Sobre o autor

Reply