Carga o teu smartphone e os teus gadgets a un tempo con esta estación

Cada vez temos máis e máis trebellos e gadgets que cargar a cotío, polo que vén sendo habitual acabar tendo unha chea de cables e cargadores ciscados pola casa (habitación, oficina…). Unha bo accesorio para loitar contra esta desorde é o Converge Dock de Quicky.

dock mobilefun caixa

Este dispositivo non é máis ca unha bandexa cunha fendedura a través da que podemos colocar até catro cables USB, que se conectan na parte traseira. Ten un punto único de saída a enchufe (xa incluído), que será a única conexión coa corrente. Así, cun único enchufe poderemos ter cargando até catro dispositivos a un tempo, co aforro de espazo que supón e a eliminación de ter que contar cunha regleta ou similar para todos os cargadores.

dock mobilefun

Esta estación de carga custa 45,49 € e pódese mercar na tenda de accesorios de MobileFun, que nos cedeu esta unidade de proba, onde tamén teñen preparada unha ampla gama de accesorios do Samsung Galaxy S5

Sobre o autor

Reply