Twitter actualízase incluíndo a etiquetaxe de fotos e, proximamente, a suba múltiple

etiquetado twitter

Twitter vén de lanzar unha nova actualización das súas aplicacións para Android e iOS que inclúe novidades no aspecto fotográfico; son a etiquetaxe de usuarios nas fotografías e a posibilidade de facer subas múltiples.

A etiquetaxe non funciona como as actuais mencións, posto que non consume caracteres do tweet, mais as persoas que marquemos nunha imaxe recibirán unha mención avisándoos de que foron marcados na mesma. O límite máximo de persoas etiquetadas nunha imaxe é de 10.

suba multiple twitter

Doutra banda, a rede de microblogging preanuncia a chegada a Android e á versión web (en iOS xa está dispñíbel) da suba múltiple de imaxes nun tweet,  o que permite compartir varias fotos na mesma mensaxe e non unha por cada imaxe que queiramos compartir. Chegará nunha segunda actualización nos próximos días.

Vía

Sobre o autor

Reply