Novo ¿? Galaxy ACE Style: a decadencia dunha familia

ace style

Aló por xaneiro do 2011 coñecemos o primeiro Galaxy ACE, que por aqueles tempos podíamos situar na gama media, aínda que pouco lle durou, xa que non tardaron moito en aparecer os smartphones equipados cun procesador dual-core que melloraban notablemente o rendemento de calquera smartphone anterior. Porén, foi un éxito de vendas xa que se ofrecía a 0€ en moitos operadores ou por un prezo moi axustado.

Pois se o primeiro ACE foi un referente na gama media-baixa co paso do tempo, Samsung deixou un pouco de lado esta serie e así as sucesivas actualizacións (ACE 2 e ACE 3) defraudaron a máis dun; mesmo o ACE 3 foi escasamente comercializado no Estado español.

samsung-galaxy-ace-style

Nesta liña, hoxe coñecemos a última incorporación a esta liña, o ACE Style, que tivemos a ben comparar co ACE 3, comercializado hai un ano.

ACE 3 ACE Style
Polgadas/Resolución/ppi 4/480×800/233 4/480×800/233
Procesador dual-core 1,2 ghz dual-core 1,2 ghz
RAM 1 GB 512 MB
ROM 8 GB 4 GB
Batería 1800 mAh 1500 mAh
Cámaras principal 5 mpx CON flash / dianteira VGA principal 5 mpx SEN flash / dianteira VGA
Versión de Android Android 4.2 Jelly Beam Android 4.4 Kitkat
Conectibidade AGPS / GLONASS / NFC / LTE 100/50 AGPS / GLONASS / NFC / SEN LTE
Prezo 250 euros 159 € (Holanda)
Lanzamento Xuño 2013 Abril 2014

Podemos ver como recurtan claramente tanto en RAM como en ROM e capacidade da batería, chegando a cifras que se nos antollan moi xustas. É máis, o ACE Style tampouco ten conectibidade LTE nin flash posterior.

Aínda que sabemos que o hardware non o é todo, chámanos a atención a estratexia de Samsung para degradar deste xeito unha marca recoñecíbel da gama media como era a Galaxy ACE, pois aínda que Android 4.4 Kitkat garante a fuídez do sistema en dispositivos con pouca RAM, pensamos que non se comportará dun xeito óptimo cando teñamos instaladas un número normal de aplicacións.

Aínda que non temos un prezo confirmado para o noso País, en Holanda estará a 159 €, unha cifra nada atractiva se temos en conta grandes alternativas como o Moto G (175 €) ou BQ Aquaris 5 (179,90 €), dispositivos con características moi superiores a prezo semellante. Que pensades da estratexía de Samsung con estos terminais?

Sobre o autor

6 Comments

  1. Roi 8 Abril, 2014 Responder
  2. Álvaro M. Souto 8 Abril, 2014 Responder
  3. Juan 8 Abril, 2014 Responder
  4. Álvaro M. Souto 8 Abril, 2014 Responder
  5. César 9 Abril, 2014 Responder
  6. Victorjc 10 Abril, 2014 Responder

Reply