Descúbrense os primeiros datos do LG G3

lg g2

 

Aínda que o LG Optimus G supuxo un punto de inflexión para o fabricante coreano, o LG G2 foi o dispositivo que confirmou este novo camiño, apostando pola innovación en diversos aspectos, como o botón traseiro ou a práctica ausencia de marcos arredor da pantalla.

Logo de termos coñecidas as apostas de Samsung, Sony e HTC para este ano, as miradas céntranse agora en LG e o seu G3, que será presentado nas próximas semanas, aínda que non temos unha data confirmada. O que si, xa se filtraron as súas especificacións técnicas, que pasamos a comentar.

O LG G3 terá unha pantalla QHD de 5,5 polgadas (1440 x 2560), procesador de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna. As súas cámaras serán de 13 e 2,1 polgadas e virá con Android 4.4.2 KitKat, estreando nova versión da súa interface de personalización.

Haberá que agardar para descubrirmos se unha vez máis volven sorprender con características especiais, igual que fixeron no seu momento co G2 ou máis recentemente co G Flex, o primeiro terminal curvo.

Sobre o autor

Reply