mismart SMILEw1 e Baby, os novos dispositivos de Wolder

Bodegon Baby + smilew1

O fabricante Wolder vén de anunciar o lanzamento de dous novos modelos de smartphone que chegan para ampliar o seu catálogo de terminais Android, Son os mismart SMILEw1 e o Baby.

mismart smilew1 ok

O SMILEw1 é unha versión mellorada do SMILE que probamos hai uns meses e incorpora unha pantalla IPS de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB e cámaras de 8 ( principal) e 2 (frontal) megapíxeles. Está dispoñíbel en branco ou negro por 199 €.

WOLDER-BABY ok

Doutra banda, o Wolder Baby comparte especificacións co SMILEw1, aínda que se trata dunha edición limitada que incorpora carcasas intercambiábeis de diferentes cores, o que aumenta as capacidades de personalización.

Ambos os dous veñen con Android 4.2 Jelly Bean sen personalizacións.

Sobre o autor

Reply