Galaxy Wars, o primeiro xogo de Manduka Games para as Google Glass

A startup catalana Manduka Games vén de anunciar o lanzamento do seu primeiro xogo para as Google Glass, Galaxy Wars, cuxo obxectivo é disparar ás naves enimigas que van aparecendo na pantalla facendo uso dos movementos de cabeza para orientarnos e da patilla dos lentes para efectuar o propio disparo.

google glass galaxy wars

O xogo enmárcase dentro da estratexia de I+D de Manduka Games, coa que están a explotar as posibilidades que ofrece o gaming nas tecnoloxías wearables, os trebellos que están a revolucionar o mercado nos últimos meses. Xa que logo, seguramente vexamos novas aplicacións desta compañía para este tipo de dispositivos nos próximos meses.

Manduka Games realiza todas as súas aplicacións baseándose na filosofía open source, e son responsábeis de xogos como Quicks, do que xa falamos hai algunhas semanas.

Sobre o autor

Reply