Woxter incorpora a Zielo Tab 100 ao seu catálogo

zielo tab 100

 

Woxter vén de anunciar a chegada dunha nova tablet ao seu catálogo de dispositivos Android, a Zielo Tab 100, un dispositivo que destaca polas súas capacidades dual SIM, que posibilitan facer chamadas e datos con dous operadores diferentes.

Incorpora un panel IPS de 10,1 polgadas, cunha resolución de 1280 x 800 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz e 1 GB de memoria RAM. A súa memoria interna é de 8 GB, ampliábeis con tarxetas microSD de até 64 GB, e dispón de dobre cámara, traseira de 2 megapíxeles e frontal VGA.

Vén con Android 4.2.2 limpo, actualizábel a versións máis recentes, aínda que non se especifica cando as recibirán. Estará dispoñíbel a partir do 23 de abril por 219 €, un prezo que inclúe unha garantía premium de 2 anos pola que se comprometen a resolver calquera incidencia en 48 horas sen custos adicionais.

Sobre o autor

Reply