Sorteamos un altofalante Bluetooth para celebrar os 3000 seguidores no Twitter!

Esta semana superamos a barreira das 3000 seguidoras e seguidores no Twitter, e como mostra de cariño e agradecemento organizamos un novo sorteo, que ademais había tempo que non tiñamos ningún, e non hai que perder as boas costumes.

Bluetooth BoomBrick

Para o caso, desta vez temos para regalar uns altofalantes Bluetooth da marca BoomBrick, valorado nuns 70 €. Con el poderedes disfrutar de toda a música que queirades, reproducíndoa desde o porto jack 3.5 ou enviándolla de xeito inarámico desde o voso smartphone ou tablet a través de Bluetooth.

Ten unha potencia de saída de 2 x 3 W e un diafragma radiador de graves 2 x 1,75 + 1. A súa batería é de 1200 mAh, o que se traduce en 8 horas de autonomía. Mola, eh?

Para conseguilo… que tes que facer?

  • Seguir a conta do blog no Twitter, @mallandroid.
  • Poñer o seguinte tweet: Pídome o altofalante bluetooth que sortea @mallandroid polos #3000androidesgalegos! Máis info > http://ir.gl/3000androides
  • MOI IMPORTANTE: cubrir este formulario

Regras e condicións

  • Por razóns loxísticas, desta vez o concurso limítase ao territorio galego (emigrados con domicilio en Galiza, podedes participar).
  • O concurso remata o martes 29 de abril ás 23.59h. O mércores 30 de abril á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, co número de participación asociado a cada un. Habilitaremos un prazo de reclamación que durará até as 17h dese mesmo día; de non avisar, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  • A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do mércores 30 de abril” MOD “número de participantes”.
  • Os gastos de envío corren pola conta da organización.
  • Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  • Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
  • A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.

Sobre o autor

One Response

  1. Maria Jesús saiz 24 Abril, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Maria Jesús saiz Cancelar a resposta