Non volvas perder o bus entre Santiago e a Costa da Morte grazas a Aucasa BUS

Hoxe queremos amosarvos unha aplicación chamada Aucasa BUS coa que podemos saber as rutas e horarios da compañía AUCASA entre Santiago de Compostela e a Costa da Morte. Esta aplicación é moi sinxela e so temos que escoller unha parada, no noso exemplo será Carballo, e unha dirección de destino, por exemplo Santiago.

screenshot-20140422-142738screenshot-20140422-142756

 

 

 

 

 

 

 

 

 

screenshot-20140422-142817

Unha vez feito, ao darlle ao botón ver amosaránsenos os días e horarios nos que a compañía cubre esta ruta, como podedes ver na seguinte captura:

screenshot-20140422-142828

Malia a súa sinxeleza, a aplicación cumpre á perfección co seu obxectivo: dar a coñecer horarios dunha ruta concreta. Cantas veces botáchedes en falta unha ferramenta semellante oa esquecer o horario do bus?

A aplicación é gratuíta, compatíbel con Android 2.2 e superiores. Pódese descargar desde a Play Store

Agradecemos a @hadrianweb a recomendación desta aplicación na nosa conta de Twitter. Podedes consultar outras formas de colaborar no apartado “únete a nós”.

Sobre o autor

Reply