vouaxenda, a aplicación para non perderse nada do que acontece na provincia de Ourense

Hoxe queremos achegarvos unha interesante aplicación, sobretodo para a xente da provincia Ourense ou calquera que vai pasar aló uns días. Chámase vouaxenda coa que podedes coñecer o día a día da escea cultural ourensá, ven sexa un acontecemento deportivo,  como feiras ou música, por exemplo.

screenshot-20140425-112041

screenshot-20140425-112115

Como vedes a aplicación está moi ben estruturada, podendo filtar a información tanto pola data dos eventos, concellos ou lugares. Así tanto podemos ver que eventos hai na provincia e ir ao que máis nos guste ou se somos dun concello concreto ver dun xeito rápido que se vai celebrar para ver se encaixa cos nosos gustos para ir ou non.

screenshot-20140425-112630screenshot-20140425-112617

Ademais unha vez que seleccionamos o acontecemento que desexemos, accedemos a moita información sobre o mesmo. Nós eleximos a Feira de Allariz do próximo Xoves 1 de Maio :

screenshot-20140425-121501

screenshot-20140425-121427

Pois como vedes, temos información da hora e dirección. Ademáis ao final, vemos con detalle o prezo e contamos cun acceso a Google Maps para localizar dun xeito preciso o lugar.

Outra opción que nos da a aplicación é unha ligazón a vouaxenda.com na que ademáis de ver os eventos ao igual que na aplicación danos a posibilidade de crear os nosos propios eventos para que aparezan na aplicación.

screenshot-20140425-122339

Que pensades deste tipo de aplicacións? Coñedes algúnha aplicación desde estilo propia dos vosos concellos?

Podesdes descargar vouaxenda desde a Play Store dun xeito totalmente gratuito.

Sobre o autor

Reply