Así lucirá o Moto 360 no noso pulso

Os reloxos intelixentes son unha tendencia este ano, e malia termos xa sobre a mesa as apostas de Samsung coa súa liña Gear, hai un dispositivo que moita xente está desexando poder lucir no seu pulso. Falamos, como non, do Moto 360, o reloxo que, xunto ao LG G Watch, dará a coñecer a nova liña de produtos wearable que empregan Android Wear.

wicks-portrait

Os compañeiros de The Verge tiveron a oportunidade de entrar nas instalacións de Motorola en Chicago e falar con Jim Wicks, deseñador deste reloxo que dará moito que falar nos póximos meses, así como tamén tomar as primeiras fotografías que amosan como queda posto no pulso. No vídeo que abre este artigo tedes toda a información.

Moto360-3-680x380

Que vos parece? Tedes pensado adquirir este u outro reloxo intelixente este ano?

Sobre o autor

5 Comments

  1. Iván 29 Abril, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 29 Abril, 2014 Responder
  2. bxo 30 Abril, 2014 Responder
  3. Aprofa 4 Maio, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a bxo Cancelar a resposta