LG anuncia evento para o 27 de maio: G3 e G Watch?

evento lg g3

O 2013 foi un gran ano para LG, un punto de inflexión grazas a dispositivos como o LG G2, que para nós foi o mellor smartphone Android do ano. Con el souberon ofrecer algo diferente e verdadeiramente innovador, un produto de calidade á altura do que podemos agardar dun fabricante de gama alta.

É evidente que este ano recibiremos un sucesor, un LG G3 que se espera volva sorprender introducindo melloras e algunha que outra sorpresa froito da innovación e experiencia colleitada polo fabricante coreano. Este dispositivo podería ser presentado o próximo 27 de maio, cando LG ten previsto facer un evento simultáneo en San Francisco, New York e London, que se repetirá o día 28 en Seúl, Singapur e Estambul.

Porén, tamén podería ser o momento no que fose desvelado o seu reloxo intelixente LG G Watch, o primeiro que emprega Android Wear, e que segundo as últimas informacións chegadas de Francia poríase á venda en xuño por 199 euros.

Que agardades vós de LG para este ano?

Sobre o autor

No Responses

Reply