Google lanza Docs e Sheets, aplicacións específicas para documentos e follas de cálculo

novo google docs

Tras a desaparición hai varios meses de Google Docs a favor da súa integración en Google Drive, a compañía de Mountain View vén de anunciar o lanzamento de dúas aplicacións específicas para xestionar documentos e follas de cálculo. Falamos de Google Docs e Google Sheets.

google docs

Google Docs é un procesador de textos que non incorpora grandes novidades sobre o que integra Google Drive, se ben é certo que agora é unha aplicación específica para este tipo de documentos. Con ela podemos crear e editar documentos desde cero no noso Android ou na nube de Drive.

google sheets

De xeito semellante, Google Sheets permítenos crear e/ou editar follas de cálculo a modo de Excel, aínda que desde logo non é unha ferramenta tan completa como a alternativa de Microsoft.

A estas dúas novas aplicacións sumarase nas próximas semanas unha para presentacións. A pregunta que nos facemos é sen ten senso manter aplicacións ofimáticas por separado ou se, pola contra, é mellor termos unha ferramenta para local e para a nube máis completa para todos os nosos documentos.

Ambas as dúas pódense descargar gratuitamente desde a Play Store a través destas ligazóns: Google DocsGoogle Sheets.

Sobre o autor

Reply